#RadioTribo: É posíbel un turismo responsábel?
MP3•Головна епізоду
Manage episode 267949090 series 2763266
Вміст надано A Tribo Radio. Весь вміст подкастів, включаючи епізоди, графіку та описи подкастів, завантажується та надається безпосередньо компанією A Tribo Radio або його партнером по платформі подкастів. Якщо ви вважаєте, що хтось використовує ваш захищений авторським правом твір без вашого дозволу, ви можете виконати процедуру, описану тут https://uk.player.fm/legal.
Este programa da TRIBO RADIO está adicado ao TURISMO. Falamos das súas orixes, da industria, da globalización da mobilidade e do monocultivo turístico e reflexionamos sobre o turismo de proximidade, industrial, rural ou inclusivo. Coñecemos novas propostas como “domesticar o turismo” e preguntámonos se é posíbel un turismo ecosostíbel. Contamos co músico O Leo; coa poeta Petri Daza; con Iago Lestegás, Doutor, arquitecto e consultor de planificación urbana e territorial; con Ana González, Xerente da Casa Lourán (Turismo Rural nas Restrebas, concello de Monfero); con José A. Cortés, Profesor de Socioloxía na UDC; con Miguel Pazos, Profesor de Xeografia Humana na USC e director do Centro de Estudos Turisticos da USC; con Mercedes Vázquez, Historiadora, Investigadora e Socia da empresa DeHistoria, Cultura, historia e patrimonio; con Xosé Manuel Barros, do Colectivo Mar de Fábula (Camelle); con Bárbara Ramos, Traballadora no sector aéreo; con Sonia Hermida, Xornalista, Autora do blogue soniahermida.com, Comunicadora especializada en infancia, educación e diversidade e con Marta Bóo, Socia e traballadora de Cousas da Terra Cooperativa. Tamén contamos con Alberto Rodríguez, investigador no Centro de Investigaçao de Territorio, Transportes e Ambiente na Universidade de Porto; con Iria Caamaño, docente e investigadora, consultora turística e guía oficial de Turismo de Galicia; con Rubén Lois, Catedrático de Xeografia na USC; con Xerardo Pereiro, Profesor de Antropoloxía na Universidade de Trás-Os-Montes e Alto Douro (Portugal) e coas voces de Lucía Álvarez, da Plataforma ‘Salvemos O Iribio’ e de ADEGA e con Alejandra Plaza, Xornalista e Fotógrafa (nacida en Cabana de Bergantiños e residente en Zúrich e Frankfurt). O programa complétase coa música de Ataque Escampe, O Leo, Vodoo, Ugia Pedreira/Pier El Gabacho, Celtas Cortos, Rosalía, Isabel Rei Sanmartin, Dirty Barriguitas, Uxía, Aid, Xoana e Zaz. Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan. Aquí tes máis informacion www.atribo.gal twitter.com/AtriboRadio https://t.me/ATriboRadio https://www.instagram.com/atribo.gal/ https://www.facebook.com/ATriboRadio O equipo REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa COORDINACIÓN Verónica Álvarez DESEÑO GRÁFICO Laura Romero COMUNICACIÓN Rosabel Candal SUPERVISIÓN Duarte Crestar PRODUCIÓN Tingalaranga REALIZACIÓN WEB AsociaciónTouda
…
continue reading
8 епізодів