Переходьте в офлайн за допомогою програми Player FM !
Quo Vadis, Pedro?
Manage episode 414591360 series 3299700
Segundo a lenda cristiá, o apóstolo Simón Pedro, o mariñeiro, cando se fugaba de Roma para salvar a vida, atopouse co xefe, e preguntoulle Quo Vadis? «Onde vas?» (xa se debera de esquecer de falar arameo). Aquí é a sociedade española a que interroga a Pedro Sánchez: Que fas? De que vas? Que vas facer? O suspense manterase ata o luns 29, pero iso non impide que tododior, empezando polos nosos charlantes –Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, citados por rigorosa orde alfabética, por se non cairon ata agora– fale do asunto como se soubese que vai pasar. Pero neste podcast dánse ademais unhas claves que para coñecelas vai ter que escoitalo. Mais non só se fala de Pedro Sánchez. Tamén de onde vai sacar a Xunta eses cartos que lle vai dar a Altri se lle fan falta, e de que vai pasar logo de que a UE declare ilegal a ampliación da concesión da AP9 que lle fixo o Goberno de Aznar a Audasa. O que si sabemos é que vai facer o goberno galego coa recén e xustamente conquistada competencia sobre o litoral: regalarlle a xestión a uns amigos para que fagan cartos e os leven por aí adiante, como sempre se fixo.
108 епізодів

Усі епізоди
×Ласкаво просимо до Player FM!
Player FM сканує Інтернет для отримання високоякісних подкастів, щоб ви могли насолоджуватися ними зараз. Це найкращий додаток для подкастів, який працює на Android, iPhone і веб-сторінці. Реєстрація для синхронізації підписок між пристроями.